O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

jueves, 19 de abril de 2012

Queres escoitarnos?

Aqueles que queirades escoitar cantar coros infantís, tedes unha cita no auditorio do Conservatorio de Música de Lugo mañá ás 18:30. O Peque Coro e o Coro de Elemental do Cmus de Lugo compartiremos esceario nun concerto que preparamos tod@s con moitísima ilusión.

A continuación, @s alum@s de Piano dos dous conservatorios ofrecerán un concerto.

Vémonos mañá na cidade romana Lucus Augusti 


No hay comentarios:

Publicar un comentario