Coidados para a voz dun pequecorista

Preparad@s...? List@s...?
Estamos a piques de entrar na nosa semana máis intensa: o mércores participamos no Maratón Barroco e o venres imos ó conservatorio de Lugo para compartir escenario co coro de nen@s dese conservatorio, dirixidos por Henar Matesanz.
Será o noso primeiro concerto fóra do noso Conservatorio. Xa estamos perdendo ó medo ó escenario, ó noso escenario. Sabemos que o Peque Coro sempre enche o auditorio e o público é moi xeneroso con nos. Mais é nova a sensación de cantar nun lugar descoñecido, ante caras todas novas. Como ensaimos moito, ata @s máis veteran@s están facendo ensaios extras, estamos preparad@s para ofrecer o mellor de cada un de nós.
Só quero insistir no importante que é que coidedes a vosa voz. Son hábitos que debemos incorporar á nosa vida cotía, especialmente nunha semana coma esta, na que queremos que a nosa voz luza máis bonita.
Coméntovos situacións reais á chegada a un ensaio ou a unha clase de Linguaxe:
1. Estou afónic@ porque veño de xogar a fútbol e tiña que berrar alto: "Pasa, pasa!!".
Ante isto, que facer? Pois xogar ó futbol 11 contra 11, coas estratexias precisas,...e golpeando unha pelota. Non golpees a túa voz.
2. Non podo cantar ben porque fun a un cumpreanos.
Que pasa nos cumpreanos, ademáis do maldito Cumpreanos feliz en mil tonalidades? Quizáis @s adult@s son en parte responsables de crear para vos espazos moi ruidosos: para crear un ambiente de festa, poñen música ben alta. Curiosamente, música que ninguén escoita, so crea ambiente. Ambiente? So xenera ruido e molesta para falar, molesta para xogar, molesta ó noso oído e, por suposto, molesta a nosa voz. Non aturo esa música ambiente!
Vivimos nun contínuo espazo ruidoso: nas cafeterías, tendas de roupa, supermercado,... Queremos facernos escoitar e veña a berrar.
CONSELLO 1: NON BERRES.

Tic,.. tac.., tic.., tac...
Así que, saídes con moita enerxía, ledicia e todos queredes falar. Atención ós recreos! Podedes xogar, correr, cantar, bailar.
Ademáis das trasnadas antes de chegar a escola e á saída. Que ben se pasa na escola!
CONSELLO 2: BEBE MOITA AUGA.
A todas horas, auga do tempo. É o mellor truco dos grandes cantantes. Trae ó ensaio e á clase a túa botella de auga. E lembra deixar o tapón na caixa de Tapóns solidarios!
CONSELLO 3: COME MOITAS FROITAS E VERDURAS.
Cunha boa alimentación, a túa voz será máis grande: un corpo pequeno cunha voz poderosa.
CONSELLO 4: COIDADO COS CAMBIOS DE TEMPERATURA.
Aínda non debemos esquecer roupa de abrigo, e, por fin chegaron as choivas. Ollo con elas!
CONSELLO 5: DURME BEN.
Cun corpo canso, a voz está débil, frouxa, apagada...Non te deites demasiado tarde. Ademáis da voz, a concentración será menor se durmiches pouco.
Segue estes consellos para manter o teu instrumento máis delicado. A túa voz é o instrumento que che vai a acompañar toda a túa vida: coma os instrumentos, co paso o tempo haberá cambios, mais sempre será un instrumento único e irrepetible. Coida a túa fermosa voz.
Comentarios
Publicar un comentario