Outra xesta...en Lucus Augusti

De novo, debemos invocar á Fama para que difunda unha xesta d@s pequecoristas. Chegaron ás terras da romana Lucus Augusti para compartir esceario con outr@s tant@s nen@s cantores.

Neste día gris, a Fama terá que comentar as dificultades para un pequecorista de orientarse nun novo auditorio, de estar atent@s a unha nova directora, de compartir esceario con outr@s nen@s...

Fama, quero que insistas no ben que interpretaron O sol brila alto: unha versión moi diferente á ofrecida polo Peque Coro, e que ben se adaptaron!

Mais, a Fama tamén difunde malas noticias. Chegaron algo cansos pola viaxe e moi, moi alterad@s polas novas sensacións, ...cada minuto foi acompañado de berros agotadores: berros que atacaron ás súas voces, berros que lastimaron ós seus oídos. A súa capacidade de escoita mermou. 

Quero que a Fama difunda a mensaxe de que seguiremos traballando para cantar tan ben coma sempre para que as Musas nos acompañen dende o primeiro son no esceario e que loitaremos para poder viaxar polo mundo enteiro cantando acompañad@s de risas e bos momentos,...e nada de berros!. Aquiles tiña un punto débil: o seu talón. Pois o talón de Aquiles d@s pequecoristas é o momento previo ó concerto. Desconcentración, berros...Teremos que fortalecer o noso punto máis débil.

Fama, non esquezas nada de todo isto. E, a pesares das nosas imperfeccións (igual que tedes as divinidades  do Olimpo) , recórdalle a toda Ferrolterra que é unha delicia escoitar ó Peque Coro.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento