O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 28 de febrero de 2012

Pequecorista...




Súmate á recollida de tapóns solidarios que comezou estes días no noso conservatorio para colaborar coa asociación AS.PA.NE.MI (aspanemi.blogspot.com): unha asociación que loita pola integración dos nenos e nenas con minusvalías e que eses nenos e nenas poidan ser atendidos según as súas necesidades para desenvolver ó máximo as súas capacidades.

Así que, pequecoristas e amig@s, contribuíde con AS.PA.NE.MI. e interpretade coas vosas mans esta obra solidaria.


No hay comentarios:

Publicar un comentario