O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Os nosos vídeos no Día da Paz


Despois desta espera, por fin poderemos ver os vídeos da nosa actuación no Día Escolar pola Paz. Aqueles que non puidéchedes asistir, teredes a ocasión de ver a nosa estrea. Mágoa que os nosos compañeir@s Carlos, Lisa, Ana e Pablo non estivesen. Tanto ensaio e neses días estiveron maliñ@s... Mais, aínda nos quedan moitos concertos para estar xuntos tódolos pequecoristas.

No primeiro, Akai Hana ( A flor vermella) e o noso agasallo pola Paz




Na Ronda do Soldadiño uníronse ó acordeón Serafín Santamariña e Suso Iglesias (o seu profe), e ás arpas Verónica Gomollón e Mª José Carralero ( a súa profe).

.

Hoxe quero despedirme felicitando ós pequecoristas por esta estrea tan emotiva. Alexandra máis eu sentímonnos moi orgullosas de todos e cada un destes grandes pequecoristas.

PARABÉNS, PEQUECORISTAS

7 comentarios:

  1. Traballaron moitísimo nestes meses. Así que foi moi merecido a gran resposta do público.

    Moitas grazas!

    ResponderEliminar
  2. Respuestas
    1. Moitas grazas, señor Tudel. Aos pequecoristas faralles moita ilusión saber que a súa entrada favorita é na que cantan eles. Procuraremos en tódolos concertos publicar os vídeos. Un agradecido saúdo.

      Eliminar
  3. Boas Catuxa.
    Como me dixechés dedidín darme unha volta polo blog do peque coro. Encantame. De momoento non tive tempo para ver todos os videos, só centrei a miña atención no concerto da paz. O fixeches moi ben. Os meus parabéns. Espero que sepas quen son eu , se non douche unha pista. Alumna de 3ºA G.E
    Un saludo estelar e unha aperta.
    Eu :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Luz de Luna.
      Grazas polos teus comentarios tan alentadores. A túa pista deixoume ben claro quen eres: unha alumna cunha voz preciosa.
      Unha gran aperta

      Eliminar