O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 11 de diciembre de 2011

A Ronda do Soldadiño



Este ano 2011 no Peque Coro comezábamos ensaiando cunha canción moi especial: A Ronda do Soldadiño. Este canto contra a guerra ten moita forza expresiva tanto na súa letra coma na melodía. Un canto especialmente emotivo ó ser interpretado por voces brancas. 

Un mestre, chamado César, ensinoume a Ronda do Soldadiño; no seu colexio tódolos nenos e nenas cantábano polo Día da Paz.

Este é o vídeo do seu creador: José Mário Branco.


No próximo Día da Paz o Peque Coro interpretará a súa versión da Ronda do Soldadiño.

3 comentarios:

  1. Linda e emocionante canción. Espero poder escoitala polo voso Peque Coro.

    ResponderEliminar
  2. Polo día escolar da Paz, o Peque Coro participará no concerto que se celebrará no auditorio do noso conservatorio. Estaremos encantados de que veñas a escoitar a nosa versión da Ronda do Soldadiño.

    ResponderEliminar
  3. Linda canção, linda interpretação, acertada escolha.Parabéns a pequecoristas,pianista e diretora.Obrigada

    ResponderEliminar