Himno á Noite


O Himno á Noite é unha adaptación dun fragmento dunha ópera de J.P. Rameau. Trátase da ópera barroca Hipólito e Aricia; a primeira ópera de Rameau, que compuxo cando tiña case 50 anos. A súa estrea foi en París o 1 de outubro de 1733, e só nun ano tivo 40 representacións. Nesta historia de amor de Hipólito e Aricia aparecen moitos deuses da mitoloxía: Diana, Xúpiter, Neptuno, Mercurio, o Amor...

O Himno á Noite era a aria dunha das sacerdotisas de Diana e o seu coro de sacerdotisas, diante do templo desta divinidade. A partir do minuto 7, tedes esa aria na súa versión orixinal.



Xa no século XX, Joseph Noyon fai unha nova versión coral e Edouard Sciortino cambia a letra. Esta sería a súa traducción:

Oh, noite, ven a traer á Terra 
a calma encantadora do teu misterio.
A sombra que te segue é moi doce, 
é un concerto moi doce.
As túas voces cantan esperanza. 
O teu poder é grandioso, 
transforma todo nun feliz sono.

Oh, noite, deixa aínda na Terra
a calma encantadora do teu misterio.
A sombra que te segue é moi doce.
Hai algo máis fermoso que un sono?
Hai algunha verdade máis doce que a esperanza?

Non coñezo a nadie que non lle guste La Nuit, a versión dun dos coros de voces brancas máis marabilloso. É o coro dos nenos cantores de Saint Marc de Lyon. Fixéronse moi célebres na preciosa película "Los chicos del Coro". Este coro daranos moito que falar. Agora, menos palabras e a disfrutar do Himno á Noite.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento