O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Akai Hana...A flor vermella.


Esta fantástica canción lévanos de viaxe a Xapón rodeados dun ambiente máxico. Akai hana...

Akai hana tsunde ano hito-ni ageyo.
Ano hito-no kami-ni kono hana sashite ageyo.
Akai hana, akai hana, ano hito-no kami-ni,
saite yureru daro ohisama-no yoni.

Collerei a flor vermella e dareilla a ela.
Poñerei este flor no pelo.
A flor vermella, a flor vermella,
florecerá e no seu pelo brilará como o sol.

Un director de coros de nen@s, Basilio Astúlez, creou unha posta en escea fantástica para esta canción. E percorre toda a península transmitíndoa a tódolos entusiastas dos coros infantiles; na introdución, o coro traénos unha brisa (tss)...Para mín sería unha suave brisa que zoa nos marmeleiros cheos de frores vermellas. Calma a brisa e o coro ofrécenos un agasallo; akai hana.

Moitos coros de voces brancas interpretan esta canción xaponesa. Gústame especialmente a versión da Escolanía de Segovia.


1 comentario: