Publicacións
O Peque Coro na Mostra de Corais de Persoas Maiores
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Como previo ao Nadal, o Concello de Ferrol dende a Área de Benestar Social, organiza o concerto que reúne a distintas xeracións: a Mostra de Corais de Persoas Maiores. Un concerto no que participamos moi ilusionados xa que o público nos recibe con entusiasmo. Dende o escenario sentimos tódalas emocións que invaden o Auditorio de Ferrol. Intentaremos un ano máis ofrecer o mellor de nós para este concerto tan especial. Se aínda non tes a túa entrada, podes conseguila de balde na taquilla do Teatro Jofre (máximo dúas entradas por persoa). Que disfrutedes do concerto.
Novo CD: O Peque Coro do Xan Viaño 2017-2018
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Tódolos membros do Peque Coro recordaremos este curso como un ano de intenso traballo mais cheo de momentos moi gratificantes. Para os que comparten con nós as nosas ledicias, poden recordar mellor o repertorio deste curso grazas ao novo cd. Un ano máis, cd gravado e masterizado por Suso Iglesias. Tamén son as fotografías da súa autoría. O diseño gráfico é obra de Carmela García e o finanzamento grazas á aportación da ANPA do Cmus Xan Viaño. A presentación deste cd terá lugar no Cmus Xan Viaño de Ferrol o venres 29 de Xuño ás 19.00h.
Xa chega o Ecocampamento Coral
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Querid@s pequecoristas: por fin chega o noso campamento!. Este ano conviviremos en Aldeanova , un parque temático no que coidaremos aos animais, atenderemos a horta, elaboraremos pan...e polas mañás adicarémonos ao noso: canto coral! Este venres 22 de Xuño ás 18.00 reunirémonos cos cosas vosas nais e pais para dar máis información no auditorio do noso conservatorio.
Último concerto deste curso
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
No bico un cantar 2018: Alalás en Betanzos
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar" . A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega. Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de Maximino Zumalave xunto ao quinteto de metais Hércules Brass. Estrearase a obra de Teresa Bretal con texto de Manuel Rivas, "Alalá á vella maneira". Como non, o remate non podería ser doutra maneira: Maiolongo con versos rosalianos e música do Xosé Baldomir. O concerto terá lugar na Igrexa de San Francisco de Betanzos ás 18.00h.
O Peque Coro en clave galega
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Coincidindo coas Letra Galegas, O Peque Coro presenta o seu cd O Peque Coro en clave galega. Un cd recopilatorio con gravacións dende o ano 2013 ata o 2017. Grazas ao Equipo de Dinaminazación da Língua Galega, coordinado por Alma Cendán, puidemos levar adiante este proxecto. Un proxecto que contou cos deseños gráficos de Marta González Pérez, quen por amor ás artes plásticas, deseñou as imaxes do disco. Como non, Suso Iglesias foi o encargado da remasterización das obras. Algunhas delas xa gravadas por el mesmo, e outras por Serxio Pena no Auditorio do Cmus Xan Viaño. Coma sempre, sería imposible sen eles: tódolos pequecoristas que cantaron ao longo deses anos. Velaí vai os nomes dos protagonistas deste disco: Alba Aguiar Blanco, María Alonso Castro, Beatriz Álvarez Galán, Blanca Alvariño Montero, Ángela Ameneiros López, Noelia Amigo Vidal, Paula Amigo Vidal, Daniel Ardao Ríos, Emma Arias Cailleau, Mª Elena Barcia García, Carlota Bermúdez Blas, Omar Calderón Yáñ...