Era unha vez...a respiración
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgJalCNaXYlc-J3Q7ax24a1hFIls3JCUp2puKu8dqs2stmnS6Hq41gS645L9N3H1cZLlTnRy67j7a3-xoDOrQZdQ-tXCBnr3hbB1KutGcwNKtguNdILsusqMArEdpZeOKH9taCJI-lKgDc/s400/O+corpo+humano.jpeg)
Gústame moito este vídeo onde podemos comprender o sistema respitarorio (ademáis da importancia das defensas do noso corpo e a necesidade de ter hábitos saudables). Para cantar é moi importante controlar a nosa respiración; por iso insistimos tanto en cada ensaio cos exercicios previos. Coñezamos un pouco máis do funcionamento do noso sistema respiratorio. Ó longo destes días varios pequecoristas comezaron a sufrir ataques á súa gorxa pola invasión de virus. Xa sabedes, debemos preparar o noso corpo ante os invasores. Abrigádevos ben, comede moita froita e verdura, bebede moita auga, durmide ben e practicade exercicio físico. Podedes recordar os consellos para o coidado da vosa voz clicando aquí: Coidados para a voz dun pequecorista.