No bico un cantar 2018: Alalás en Betanzos
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEggDw-OUFgc-aBItgQZD_SiIClm8MbJm6yd21_aXPJ7gp64yyasDtpscFRXD8ib_wErdEoLjv4_fWD7prKi7JNkzYnIUPYJasV0xzajOF7OPgRQGNmu66J0WWWMCetYX4I7SuJtWA5uOBw/s640/NO+BICO+UN+CANTAR.png)
Este venres 1 de Xuño tódolos nenos e nenas dos coros dos Conservatorios Profesionais de Música de Galicia encherán Betanzos na edición de "No bico un cantar" . A actividade ten como obxectivo transmitir aos máis novos a paixón pola música e poesía galega. Os fermosos alalás de Camariñas, Muxía, e o alalá das Mariñas serán interpretados baixo a dirección de Maximino Zumalave xunto ao quinteto de metais Hércules Brass. Estrearase a obra de Teresa Bretal con texto de Manuel Rivas, "Alalá á vella maneira". Como non, o remate non podería ser doutra maneira: Maiolongo con versos rosalianos e música do Xosé Baldomir. O concerto terá lugar na Igrexa de San Francisco de Betanzos ás 18.00h.