Despois dun curso onde compartimos concerto cos coros de maiores de Ferrolterra na Mostra de Coros da Terceira Idade no Teatro Jofre, cantamos xunto aos compañeiros da Peque Banda e da Peque Orquestra no Día da Paz, compartimos esceario cos coros infantis do Cmus de Lugo e de Santiago no Certame de Coros Infantís, compartimos concerto no Xan Viaño pola Recital das Letras, recentemente cantamos xunto a coros de toda Galicia formando un gran coro de 500 nenos e nenas en Mondoñedo na sexta edición de "No bico un cantar", chegou o día no que desexamos disfrutar con calma do esceario. Un concerto íntegro do Peque Coro para disfrute de tódolos pequecoristas que con ilusión amosarán o gran traballo deste curso. Un concerto íntegro para disfrute dos que nos acompañen.