Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

Novo CD: O Peque Coro do Xan Viaño 2017-2018

Imaxe
Tódolos membros do Peque Coro recordaremos este curso como un ano de intenso traballo mais cheo de  momentos moi gratificantes.  Para os que comparten con nós as nosas ledicias, poden recordar mellor o repertorio deste curso grazas ao novo cd. Un ano máis, cd gravado e masterizado por Suso Iglesias. Tamén son as fotografías da súa autoría. O diseño gráfico é obra de Carmela García e o finanzamento grazas á aportación da ANPA do Cmus Xan Viaño. A presentación deste cd terá lugar no Cmus Xan Viaño de Ferrol o venres 29 de Xuño ás 19.00h. 

Xa chega o Ecocampamento Coral

Imaxe
Querid@s pequecoristas: por fin chega o noso campamento!.  Este ano conviviremos en Aldeanova , un parque temático no que coidaremos aos animais, atenderemos a horta, elaboraremos pan...e polas mañás adicarémonos ao noso: canto coral! Este venres 22 de Xuño ás 18.00 reunirémonos cos cosas vosas nais e pais para dar máis información no auditorio do noso conservatorio.

Último concerto deste curso

Imaxe
Aínda non puideches escoitarnos este curso? Pois aínda podes facelo! O  próximo luns 11 de Xuño ás 20.00 no auditorio do noso conservatorio ofreceremos un concerto no que agardamos que disfrutedes tanto coma nós.