O Peque Coro quixo adicar a tódolos nenos e nenas unha ola de esperanza na súa loita valente e responsable contra o COVID-19. Seguimos nesa loita...e facendo uso desa responsabilidade, aínda non podemos xuntarnos para desfrutar de facer música todos xuntos. Aínda non podemos desfrutar compartindo ensaios e concertos, mais agardamos con esperanza esa volta. Así cantaban os pequecoristas dende as súas casas
Maio longo... maio longo, todo cuberto de rosas, para algúns telas de morte; para outros telas de vodas. Maio longo, maio longo, fuches curto para min: veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir. O longo mes de maio chega hoxe ó seu fin. E nós rematamos o mes de maio cun intenso ensaio adicado a obras todas elas con texto de Rosalía de Castro. Maio longo é un poema de Rosalía musicado por Xosé Baldomir: un músico coruñés (1867-1947) que se adicou tanto a composición como a dirección de coros e orquestras, investigación e crítica musical. Na época en que Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez rexurdían o noso idioma, un grupo de músicos acompañábanos na tarefa de dignificar a cultura galega. Xunto a Xosé Baldomir están Xoán Montes (autor da música de Negra Sombra ) ou Pascual Veiga (autor da música do Himno Galego ) ou Castro Chané. O Maio longo de Baldomir é para voz e piano, mais imos escoitar no seguinte vídeo a orquestración de M
Hoxe, no día de Santa Icía, a patrona dos músicos, queremos lembrar a mañá na que nos erguemos e descubrimos ao invasor. Os mozos e mozas do Peque Coro in crescendo cantaban Bella Ciao, un canto tradicional italiano asociado á resistencia antifascista. Sen pretender banalizar co Bella Ciao , xa que o tema merece sempre un profundo respeto e necesidade de recoñecemento histórico para que non volte a avergoñar a ningunha xeración, quixemos cantalo co dobre sentido que as circunstancias esixían, e desgraciadamente, seguen a esixir. Unha loita contra un inimigo, mais invisible: o COVID.
Comentarios
Publicar un comentario