O Peque Coro na Mostra de Corais de Persoas Maiores


Como previo ao Nadal, o Concello de Ferrol dende a Área de Benestar Social, organiza o concerto que reúne a distintas xeracións: a Mostra de Corais de Persoas Maiores. 

Un concerto no que participamos moi ilusionados xa que o público nos recibe con entusiasmo. Dende o escenario sentimos tódalas emocións que invaden o Auditorio de Ferrol. Intentaremos un ano máis ofrecer o mellor de nós para este concerto tan especial.

Se aínda non tes a túa entrada, podes conseguila de balde na taquilla do Teatro Jofre (máximo dúas entradas por persoa).

Que disfrutedes do concerto.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega