Publicacións

Gústanos cantar con David Azurza

Imaxe
Mañá visitaranos David Azurza para adicar esta fin de semana a cantar varias obras compostas por el mesmo. Xa sabemos o especial que é cantar baixo a súa dirección. Así que, agardamos con ledicia a súa chegada ó noso conservatorio.

Concerto do V Aniversario

Imaxe
Por fin, chegou o noso concerto de celebración do V aniversario! Mañá ás 19:00 no auditorio do noso conservatorio. Durmide ben, pequecoristas!

IV Tócaa outra vez, Xan

Imaxe
O pasado vendes 24 de Abril participamos na cuarta edición do Concurso de bandas sonoras "Tócaa outra vez, Xan" que organiza a ANPA do nodo conservatorio. Interpretamos unha adaptación do célebre "América" de West Side Story, mais nós discutíamos se nos gustaba estudar no noso conservatorio, falábamos dos profes ("que son uns pesados..."), do edificio, da marabillosa ría que temos ás nosas costas... Coma sempre, non chove ó gusto de todos: había meniñas e meniños felices de estar neste conservatorio, e outros non tanto... Sen embargo, impúxose o gusto por cantar, tocar, bailar e soñar no Xan Viaño de todos estes felices artistas! Parabéns a tódolos pequecoristas pola súa posta en escea, especialmente a Lara e Marcos pola sea interpretación. Grazas á entrega de todos eles acadamos un fabuloso 2º posto...Os gañadores foron os alumnos de 6º Taller de Música Moderna. Parabéns a TMM! Moitísimas grazas a Marta, a nosa saxofonista, e a Ia...

Concerto co Coro de GE do Cmus de Santiago

Imaxe
Este xoves viaxamos ata Santiago de Compostela para cantar xunto ó Coro de Grao Elemental do Cmus de Santiago. Estamos agardando este concerto como auga de maio. Tódol@s pequecoristas deberán chegar ás 17.30 h ó noso conservatorio, para desprazarnos ás terras compostelanas.

Concerto Coral Infantil

Imaxe
Señoras e señores...nenos e nenas, mañá cantaremos no auditorio do noso conservatorio ás 12:30 xunto co Coro Infantil do Conservatorio de Santiago, dirixidos por María Dios Domínguez.  É a primeira vez que estes dous coros se xuntan para compartir esceario. Para nós outra experiencia marabillosa: uns novos amigos...unha nova ilusión! Non se perdan este bonito concerto. De seguro que disfrutarán.  (Pequecoristas!: recordade que temos que chegar ó conservatorio ás 11:30 para o quecemento). A cita é Sábado 21 de Marzo ás 12:30 no Auditorio José Arriola do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. 

Feliz 2015

Imaxe

Sesión de Hixiene Postural

Imaxe
Querid@s pequecoristas: no ensaio de mañá comezaremos cunha sesión de hixiene postural na que atenderemos ás indicacións de Pablo C., profesor de pilates e do fisioterapeuta Jacobo P. Toda unha sorte que veñan ó noso ensaio profesionais que saben como debe ser a nosa postura corporal: moi importante para tódol@s músic@s e espacialmente para nós coma cantantes. Recordade que o ensaio durará ata ás 21:00. Ata mañá!