IV Tócaa outra vez, Xan


O pasado vendes 24 de Abril participamos na cuarta edición do Concurso de bandas sonoras "Tócaa outra vez, Xan" que organiza a ANPA do nodo conservatorio.

Interpretamos unha adaptación do célebre "América" de West Side Story, mais nós discutíamos se nos gustaba estudar no noso conservatorio, falábamos dos profes ("que son uns pesados..."), do edificio, da marabillosa ría que temos ás nosas costas...

Coma sempre, non chove ó gusto de todos: había meniñas e meniños felices de estar neste conservatorio, e outros non tanto...

Sen embargo, impúxose o gusto por cantar, tocar, bailar e soñar no Xan Viaño de todos estes felices artistas!


Parabéns a tódolos pequecoristas pola súa posta en escea, especialmente a Lara e Marcos pola sea interpretación. Grazas á entrega de todos eles acadamos un fabuloso 2º posto...Os gañadores foron os alumnos de 6º Taller de Música Moderna. Parabéns a TMM!

Moitísimas grazas a Marta, a nosa saxofonista, e a Iago, outro magnífico saxofonista que tempo atrás cantaba con nós. Sen estes dous fantásticos saxofonistas non sería posible esta versión.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento