Publicacións

O Peque Coro cantará a Rosalía na Praza da Quintana

Imaxe
Meses atrás sumámonos ó proxecto "Nenos e Nenas cantan a Rosalía" organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación. Para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro mañá cantaremos na Praza da Quintana tódol@s nen@s dos conservatorios e escolas de música de Galicia. Por iso, ó longo dos ensaios deste ano adicámonos a obras con textos rosalianos: "Rosa de Abril" de Andrés Gaos, "Negra Sombra" de Xoán Montes, "Maio longo" de Xosé Baldomir e "En Cornes" de Octavio Vázquez. Pola mañá faremos unha visita guiada ó Museo da Cidade da Cultura. Despois, o ensaio xeral tódolos coros xuntos. Será todo un orfeón de nen@s! Despois de merecido xantar...cara a Praza da Quintana, onde será ese concerto especial no que nos dirixirá Maximino Zumalave e tocará o quinteto de metais  Hércules Brass. Só fica agardar que a choiva nos deixe cantar neste lugar emblemáti...

Maio Longo

Imaxe
Maio longo... maio longo, todo cuberto de rosas, para algúns telas de morte; para outros telas de vodas. Maio longo, maio longo, fuches curto para min: veu contigo a miña dicha, volveu contigo a fuxir. O longo mes de maio chega hoxe ó seu fin. E nós rematamos o mes de maio cun intenso ensaio adicado a obras todas elas con texto de Rosalía de Castro. Maio longo é un poema de Rosalía musicado por Xosé Baldomir: un músico coruñés (1867-1947) que se adicou tanto a composición como a dirección de coros e orquestras, investigación e crítica musical. Na época en que Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez rexurdían o noso idioma, un grupo de músicos acompañábanos na tarefa de dignificar a cultura galega. Xunto a Xosé Baldomir están Xoán Montes (autor da música de Negra Sombra ) ou Pascual Veiga (autor da música do Himno Galego ) ou Castro Chané.  O Maio longo de Baldomir é para voz e piano, mais imos escoitar no seguinte vídeo a orquestración ...

Negra Sombra

Imaxe
Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me deixarás ti nunca, sombra que sempre me asombras. O compositor e director lucense Xoán Montes (1840-1899) compuxo a música a partir deste versos de Rosalía de Castro da súa obra Follas Novas . Pénsase que puido inspirarse nun alalá do Incio (un municipio de Lugo).  Negra Sombra, que foi estreada no Gran Teatro da Habana no ano 1892, é unha obra emblemática do noso patrimonio cultural.

Parabéns, valentes pequecoristas!

Imaxe
Este sábado pasado pisamos un novo esceario ( o do auditorio de Cedeira) , para ofrecer un concerto xunto cos alumn@s da Escola de Música de Cedeira. Un concerto con estilos e agrupacións variadas. Xa estamos acostumados a cantar no auditorio do noso conservatorio...tan acostumados que nun novo espazo nos podía despistar a nova sonoridade. Mais, estes pequecoristas valentes, axiña se acostuman as novidades e se enfrentaron con enerxía a un novo reto.  Foi un concerto cun público moi entusiasta, e na que nos mimaron en tódolos detalles da organización. Grazas á Escola de Música! Parabéns, valentes pequecoristas!

Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño

Imaxe
No Día das Letras recordamos sempre a figura de Rosalía, por ser un 17 de Maio o día no que se publicou Cantares gallegos . Este ano aínda cobra máis forza xa que conmemoramos o 150 aniversario de dita publicación. Por iso, recordando a Rosalía de Castro, cantamos este pasado mércores  Rosa de Abril , con textos da nosa poetisa e música de Andrés Gaos. Este ano 2013 o Día Letras Galegas está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Queredes coñecer a este pioneiro do teatro profesional galego?. Pois non vos perdades este informativo do CPI dos Dices en Rois:

Parabéns polos "Cantos da terra, do ceo, do mar"

Imaxe
Este pasado sábado recibimos a visita dos amigos do Coro Infantil de Lugo. Un coro que conta con tres anos; os mesmos que nós!. E co que nos gusta compartir escenario.  Os nosos amigos visitantes abriron o concerto cun repertorio bonito e moi interesante, no que ademáis presentaban unha coidada posta en escea e vistosas coreografías.Noraboa ó coro, á súa directora (Henar) e ó seu pianista (Nacho), e ós alumn@s de acordeón que interpretaron moi ben Catro vellos mariñeiros. Continuamos os anfitrións cos cantos á terra, o ceo, e ó mar...O Himno á Noite sempre cautiva. A Alborada é moi aplaudida polo público: o "lara lala" final con carácter de marcha arrinca a ovación. Rosa de Abril  provocaría tenrura ó mesmo Gaos, ó escoitalo por un coro de nenos. O care selve : fantástico!. E o meu aplauso para os pequecoristas polo esforzo destes últimos ensaios polo Caresse sur l'océan . Noraboa, pequecoristas! O momento máis divertido chegou cando nos xuntamos os do...

Concerto co Coro Infantil de Lugo

Imaxe
Este sábado agardamos a visita do Coro Infantil do conservatorio de Lugo para volver a compartir esceario, nesta ocasión con "Cantos do ceo, da terra, do mar".  Unha vez máis disfrutaremos da experiencia de cantar xunto a outro coro de nen@s!.