Parabéns polos "Cantos da terra, do ceo, do mar"


Este pasado sábado recibimos a visita dos amigos do Coro Infantil de Lugo. Un coro que conta con tres anos; os mesmos que nós!. E co que nos gusta compartir escenario. 

Os nosos amigos visitantes abriron o concerto cun repertorio bonito e moi interesante, no que ademáis presentaban unha coidada posta en escea e vistosas coreografías.Noraboa ó coro, á súa directora (Henar) e ó seu pianista (Nacho), e ós alumn@s de acordeón que interpretaron moi ben Catro vellos mariñeiros.

Continuamos os anfitrións cos cantos á terra, o ceo, e ó mar...O Himno á Noite sempre cautiva. A Alborada é moi aplaudida polo público: o "lara lala" final con carácter de marcha arrinca a ovación. Rosa de Abril provocaría tenrura ó mesmo Gaos, ó escoitalo por un coro de nenos. O care selve: fantástico!. E o meu aplauso para os pequecoristas polo esforzo destes últimos ensaios polo Caresse sur l'océan. Noraboa, pequecoristas!

O momento máis divertido chegou cando nos xuntamos os dous coros para cantar Mi Capitán.  Para o próximo curso haberá que repetir este intercambio!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N