Peque Coro no 25N

 


Despois de dous cursos de obrigado parón, retomamos a actividade coral que tanto estabamos desexando recuperar...os nenos, nenas, mozos, mozas e por suposto, a pianista e maila directora.

Aínda teremos que agardar para poder anunciar un concerto, pero queremos compartir nesta primeira publicación deste curso as nosas fotos para o 25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista. Velaí as nosas fotos e tamén o vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Convivencia do Cmus Xan Viaño.





No seguinte enlace, podedes visitir a publicación no blogue En todas as claves do Equipo de Dinamización de Convivencia: O Cmus Xan Viaño. Espazo Libre de Violencia Machista.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento