O Peque Coro cantando polas Letras Galegas


Un ano máis O Peque Coro non pode faltar no Concerto das Letras Galegas que organiza o Equipo de Dinamización da Língua, coordinado por Alma Cendán.

Esta edición está adicada a Antón Fraguas: 

Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, na parroquia de Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En 1923 fundou, xunto con outros compañeiros, a Sociedade da Lingua, que tiña como principais obxectivos a defensa da lingua e a elaboración dun dicionario. Foi membro das Irmandades da Fala, do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de ensino secundario depurado polo franquismo. Formou parte do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da Real Academia Galega, foi director e presidente do Museo do Pobo Galego, membro do Consello da Cultura Galega e cronista xeral de Galicia. Dedicouse ó estudo da cultura e do territorio galegos desde distintos eidos, con especial atención e mestría á antropoloxía.

O Peque Coro cantará obras diversas: dende un canto tradicional raiano (a zona xeográfica que delimita Galicia e Portugal), un poema de Curros Enriquez musicado ata cantigas populares, e obras con harmonías contemporáneas como a creada por Lucinio Medel e Alma Cendán, que ben serían do interese de Antón Fraguas.

A cita é ás 20.30 no auditorio de Cmus Xan Viaño.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega