IV Encontro de Coros Infantís e Xuvenís


Por fin se achega o Encontro de Coros Infantís e Xuvenís! 

Como podedes ver no cartaz, coa fermosísima ilustración que fixo para nós Soraya García Riveiros, nesta cuarta edición reuniránse as voces dos nenos e nenas do Concerto Tempiño, do Coro Peque Solidarium e do Peque Coro do Xan Viaño. Tamén disfrutaremos coas voces dos mozos e mozas do Coro Solidarium e do Peque Coro in crescendo.

Se queres asistir a este concerto onde se reúnen as voces máis novas de Ferrolterra, podes retirar a túa entrada de balde na taquilla do Teatro Jofre.

Este sábado 27 de Abril ás 19.00 agardámoste no Auditorio de Ferrol.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N

Concerto pola Paz