Para rematar este fantástico curso...SURFCAMP CORAL! Polas mañás cantaremos con David Azurza e pola tarde surfearemos cos monitores da Surfcamp de Doniños.
Despois de dous cursos de obrigado parón, retomamos a actividade coral que tanto estabamos desexando recuperar...os nenos, nenas, mozos, mozas e por suposto, a pianista e maila directora. Aínda teremos que agardar para poder anunciar un concerto, pero queremos compartir nesta primeira publicación deste curso as nosas fotos para o 25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista. Velaí as nosas fotos e tamén o vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Convivencia do Cmus Xan Viaño. No seguinte enlace, podedes visitir a publicación no blogue En todas as claves do Equipo de Dinamización de Convivencia: O Cmus Xan Viaño. Espazo Libre de Violencia Machista.
Xa podemos anunciar un concerto ao que acudimos con moita ilusión: o concerto co Coro de nenos e nenas da Banda Filarmónica de Lugo. Non vos perdades a estes dous coros que compartirán unha mañá musical no Círculo das Artes de Lugo o domingo 16 de febreiro. O concerto é ás 12.30.
Agardámosvos no auditorio José Arriola do noso conservatorio para conmemorar unha data moi especial: o Día Escolar da Paz e a non violencia. Como centro educativo temos que ter moi presentes os valores de respecto a todas as culturas, as crenzas, as ideoloxías...e como non, do cumprimento dos dereitos humanos. Debido a situación en Ucraína, o noso concerto está dedicado a todos os nenos e nenas que sufren a barbarie desa inxustificada guerra.
Comentarios
Publicar un comentario