Concerto pola Paz



CONCERTO POLA PAZ


Cada 30 de Xaneiro (coincidindo co aniversario do día que morrera Mahatma Gandhi) celébrase o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Por iso, no noso conservatorio ó longo desta semana hai varios concertos pola Paz.

O venres 3 de Febreiro, na procura de educar na tolerancia, na igualdad, na liberdade nunha sociedade que viva na cultura da Paz, xuntámonos no Auditorio de Ferrol a Peque Orquestra, a Peque Banda e mailo Peque Coro do Xan Viaño para ofrecer un concerto cheo de harmonías.

Agardámosvos no Auditorio de Ferrol ás 19.00. 

Recordade os pequecoristas que debedes estar ás 16.30 no noso conservatorio.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N