O Peque Coro cantará aos Trobadores


Querid@s pequecoristas; 

Recordade que mañá temos que estar ás 8:30 no noso conservatorio para saír cara Cangas do Morrazo. Por favor, sede puntuais...temos que chegar a tempo ao ensaio no que nos xuntaremos co resto de nenos e nenas dos demáis conservatorios galegos para homenaxear aos Trobadores como Afonso X ou Martín Códax. Ademáis estrearedes a obra de Rogelio Groba "Pois nosas madres" que compuxo a partir do poema de Pero Vivaez. 

Un ano máis, o quinteto de metais "Hércules Brass" acompañará a este coro tan especial (do que formaremos parte) e dirixirá Maximino Zumalave.

Durmide ben que vai a ser unha longa xornada chea de diversión e moitos cantos...


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N