O Peque Coro cantará a Curros en Celanova


Mañá viaxaremos a Celanova: a localidade ourensá na que naceu Curros Enríquez. Alí cantaremos obras con textos de Curros Enríquez xunto ós nosos amigos do Coro Infantil de Lugo e outras catrocentas voces de nenos e nenas dos conservatorios de Galicia.

Nesta segunda edición de "No bico un cantar" tivemos un duro traballo nos nosos ensaios: "A Rosalía" de Xosé Baldomir, "Unha noite na eira do trigo" de Xoán Montes, "Os teus ollos" de Xosé Castro Chané e a estrea de "Nouturnio" de Xabier Comesanha. 

Para que vos fagades unha idea do impresionante lugar onde cantaremos ás 17:30: o claustro barroco do Mosteiro de San Salvador de Celanova.


De novo dirixirá Maximino Zumalave e sonarán os metais da Hércules Brass. Se queredes ter máis información máis deste concerto clicade a continuación e visitaredes a páxina do Consello da Cultura Galega, onde ademáis podedes informarvos dos compositores e descargar o programa: No bico un cantar 2014.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N