Dende as montañas lucenses virá o Apalpador cargado con agasallos para tódolos nenos e nenas. Agardo que se acordara de traer moitos agasallos para @s pequecorist@s.
Un ano máis o Departamento de Convivencia do noso Cmus organizou durante toda esta semana concertos adicados á Paz. Mañá tócanos a nós. O Peque Coro ofrecerá un concerto moi emotivo no que tódolos pequecoristas cantarán harmonías marabillosas soñando cun mundo no que todos poidamos vivir en harmonía. Agardámosvos mañá ás 19.00 no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño.
Hoxe, no día de Santa Icía, a patrona dos músicos, queremos lembrar a mañá na que nos erguemos e descubrimos ao invasor. Os mozos e mozas do Peque Coro in crescendo cantaban Bella Ciao, un canto tradicional italiano asociado á resistencia antifascista. Sen pretender banalizar co Bella Ciao , xa que o tema merece sempre un profundo respeto e necesidade de recoñecemento histórico para que non volte a avergoñar a ningunha xeración, quixemos cantalo co dobre sentido que as circunstancias esixían, e desgraciadamente, seguen a esixir. Unha loita contra un inimigo, mais invisible: o COVID.
Despois de dous cursos de obrigado parón, retomamos a actividade coral que tanto estabamos desexando recuperar...os nenos, nenas, mozos, mozas e por suposto, a pianista e maila directora. Aínda teremos que agardar para poder anunciar un concerto, pero queremos compartir nesta primeira publicación deste curso as nosas fotos para o 25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista. Velaí as nosas fotos e tamén o vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Convivencia do Cmus Xan Viaño. No seguinte enlace, podedes visitir a publicación no blogue En todas as claves do Equipo de Dinamización de Convivencia: O Cmus Xan Viaño. Espazo Libre de Violencia Machista.
Comentarios
Publicar un comentario