Pequeno Mundo


Na miña selección de obras que me gustaría cantar co Peque Coro, non ten cabida a música comercial, a música de debuxos animados, e, moito menos aquela que segue relacionando a música para nen@s e contos para nen@s cos mundos das princesitas indefensas e príncipes valerosos. Estamos medrando no século XXI

NON, NON e MIL VECES NON!

Así que, a pesares de que existen moitas agrupacións e moitos profesores que escollen obras para nen@s baséandose no criterio de música que xa coñecen, a miña inteción é a contraria.

Quero amosar ós pequecoristas mundos novos con música de calidade. Temos milleiros de obras por descubrir de moitos tempos e culturas...Por iso, sempre rexeito a música de Disney...que tanto gusta a moitos profes. É a miña decisión: nin é mellor nin peor que a doutros. Simplemente é a miña.

A isto, quero explicar ó Peque Coro porque paso por alto os meus principios, ensaiando Pequeno Mundo. Coido que cantar acompañados pola Banda dos Pequenos pode ser unha experiencia fantástica para todos.

Os profes da Banda, Patricia e Miguel, propuxéronme cantar con eles. Así que, por vivir esa experiencia faremos unha excepción.. Teño que ser sempre sincera c@s pequecoristas, para que manteñamos a nosa comunicación sincera: musicalmente o Pequeno Mundo non me apaixoa. Si me gusta a mensaxe da canción proposta: "moito hai que poder compartir entre a humanidade". E que cunha letra de princesitas...Por ahi non podería pasar!

De cara o ensaio coa banda, quero dicirvos que non vos preocupedes en exceso pola sonoridade: non podemos rivalizar cos instrumentos de vento. Manteremos o noso interese nunha boa afinación e  nunha pronunciación clara da letra.

O Pequeno Mundo é unha canción composta polos irmáns Shermann para acompañar unha gran atracción de Disneyworld. No seguinte vídeo tedes a versión orixinal cantada e acompañada ó piano por un dos seus creadores: Richard Shermann. Non é un bo exemplo vocal no que inspirarse, mais o seu acompañamento é interesante. Ademáis, do cambio de carácter que nos podíamos imaxinar. Non é unha obra cun carácter tan marcial, coma escoitei en outras versións.





A seguinte versión, pode servirvos de acompañamento mentres repasades antes do ensaio coa Banda dos Pequenos (atención ó outro tema de enlace...que non vos despiste!)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento