Parabéns polo Recital das Letras


Onte o Peque Coro participou no Recital das Letras organizado polo Equipo de Dinamización da Língua coa interpretación de dous temas: Compañeira de Fuxan os Ventos e a Alborada, coa música recollida no Cancioneiro de Inzenga e a letra que adaptamos a partires duns versos da Alborada de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. 

En definitiva, cun repertorio moi apropiado para a conmemoración dun 17 de Maio.

Compañeira era un tema que cantábamos por vez primeira para o público. Encántanos! Ademáis coa colaboración nos violonchelos de Marcos e Pablo (profesor de chelo do noso conservatorio), Compañeira foi aínda máis expresiva. A Alborada é un tema xa coñecido polos nos@s seguidores. E, coma sempre,  Rita magnífica coa gaita.

A@s pequecoristas sábelles a pouco cantar dúas obras, e o público tamén, pero, coma sabedes tiveron un ano cheo de concertos e colaboracións.

Unha vez máis hai que felicitar a@s pequecoristas, especialmente coa nosa estrea de Compañeira. De seguro que a Fuxan os Ventos gustaríalle escoitar a súa canción interpretada polo Peque Coro.



Parabéns, querid@s pequecoristas polo Recital das Letras!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

O Peque Coro en clave galega