O canto do cisne


A pesares de que un cisne non canta, existía un antigo mito que dicía que un cisne cando está a piques de morrer, emite un belísimo canto. Con esta idea triste e poética á vez, tamén referímonos á última obra dun artista. 

Onte, coma os cisnes das lendas, emitía o seu último canto unha das voces máis admiradas deste século: o barítono Dietrich Fischer-Dieskau (Berlín 1925-18 de Maio de 2012). Embelesaba especialmente as súas interpretacións de lieder (poemas alemáns con acompañamento pianístico).

Coma mostra da súa arte, este lied de Schubert adicada á Música, acompañado ó piano doutro intéprete excepcional Gerald Moore.

Ti adorable arte, a miúdo nas horas escuras
cando a salvaxe órbita da vida me envolve
acendiches o meu corazón ó cálido amor,
e transportáchesme a un mundo mellor.

A cotío un sospiro, escapándose do teu corazón,
unha doce e bendecida harmonía túa
un ceo de épocas mellores abriuse.
Oh, Arte encantadora, por iso agradézote!



E coma despedida, a fermosísima Serenata do ciclo de lieder de Schubert Schwanengesang (O canto do cisne) . De novo, Fischer Dieskau con Gerald Moore: unha sublime interpretación.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N