Compañeira é unha canción de
Fuxan os Ventos, un grupo de música folk e música popular galega que naceu no ano 1972. Dende ese ano deron a coñecer un repertorio moi amplio e rico de música tradicional galega, convertíndose nun grupo fundamental na dignificación do idioma e da cultura galega. No ano 1976 publican o seu disco
Fuxan os Ventos. Nel aparece
Compañeira, con música e letra creada por eles.
No seguinte vídeo escoitaredes a
Compañeira de
Fuxan os Ventos
A versión que nos cantamos é un arranxo de Julio Domínguez, quen dirixe a este coro de mulleres na súa versión para dúas voces a capella (sen acompañamento instrumental).
Os nosos amigos do Coro Infantil do Cmus de Lugo cantan moi ben esta obra. Nun futuro concerto sería moi bonito compartir esceario cantando xuntos a Compañeira.
Comentarios
Publicar un comentario