Ábrese o telón...en Culleredo


Ábrese o telón e vese un coro de nen@s...Unha nova sensación. O coro preparado mentres escoitábamos o murmurio do público que enchía o auditorio. Xa perfectamente colocad@s en escea, apángannos as luces. Atención!. E pouco a pouco abren o telón. 

Neste concerto xa estábamos moi seguros. O repertorio está moi ben traballado e o ensaio previo ó concerto estivo moi ben aproveitado. Pequecoristas: espectacular!.

Nese ensaio previo @s pequecoristas pídenme cantar "Vois sur ton chemin", peza que estaba fóra do programa. Así que, tendo en conta o entusiasmo do público, debíamos adicar unha obra máis. E, para sorpresa d@s pequecoristas, dende o esceario comento que interpretaremos unha peza máis. Que cara de ledicia tiñan tod@s!. Con esa canción foron gañadores do concurso de bandas sonoras Tócaa outra vez, Xan...e, hai que dicir, que cántana moi, pero que moi ben. 




O concerto continúa coa Banda dos Pequenos. Noraboa á tódol@s integrantes da banda (algúns son tamén pequecoristas) e ós seus directores polo seu gran traballo: Patricia e Miguel. A última obra é interpretada conxuntamente polo noso coro e a banda: Pequeno Mundo. Gustou tanto, que tivemos que repetila. Os pequecoristas estaban moi crecid@s cun gran son!. Eu, ó fondo do auditorio, miraba con moito orgullo para o Peque Coro.


A pesares das dificultades que podemos atoparnos na organización destes concertos, haberá que tomar forzas, e o vindeiro curso volver a compartir un concerto fóra do noso conservatorio cos nosos compañeir@s de Banda. Aínda que nos queda unha cita máis na que compartiremos esceario. Esceario e parte das butacas, pois non sei coma poderemos colocarnos no noso auditorio! Xa avisarei ós nosos seguidores e seguidoras fieis da nova cita.

Parabéns, pequecoristas e pequenos da Banda polo exitoso concerto!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N