Vois sur ton chemin


"Vois sur ton chemin" é unha obra maxistral composta para coro de nenos que formaba parte da banda sonora da película Les Choristes. Unha emocionante película do ano 2004 na que contan a historia de nenos que están internados nun colexio. Alí, lonxe das súas familias (algúns son nenos orfos), son tratados con moita dureza con constantes castigos. Coa chegada dun novo vixiante, Mathieu, creáse un coro que trae a ilusión a estes nenos. A tristura dos nenos esquecidos pode trocar nun canto de esperanza

Mira no teu camiño
ós nenos esquecidos, perdidos.
Dálles a man
para levalos a outra mañá.

Sente no medio da noite
a onda da esperanza,
ansia de vivir
sendeiro da gloria.

Ledicias infantís,
esquecidas, borradas demasiado pronto,
unha luz dourada brila eternamente
na fin do camiño.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N