Perlas barrocas













Despois do respiro destes días, hai que retomar os nosos ensaios coa máxima ilusión, enerxía e concentración. Temos que prepararnos para o Maratón do Barroco, que organizan Alma, Loreto e Lidia, profesoras de piano do noso conservatorio.

E queren que o Peque Coro esté presente neste Maratón. Así que, ademáis de continuar ensaiando o repertorio barroco para esta ocasión, temos que preparar as nosas perrucas e traxes ostentosos. Eu terei que empolvar a miña perruca do ano pasado! Pois ben, aproveitaremos esta invitación para ir adentrándonos neste marabilloso período.

O Barroco Musical é un período que  abarca dende 1600 (ano da primeira ópera, o Eurídice de Peri) ata 1750 (ano da morte de J.S. Bach). A palabra Barroco foi empregada por críticos posteriores a ese período aplicándoa á música, pintura, escultura, arquitectura e literatura. Provén do portugués e significa "perla irregular".

Falando de perlas, aproveito para amosarvos A meniña da perla, obra dun pintor do barroco holandés: Johannes Vermeer (1632-1675). Como sabedes, selecciono sempre o que máis me gusta, e Vermeer encántame!. De seguro que coñecedes a súa Leiteira; de feito hai unha marca que na súa publicidade televisiva utiliza ese cadro.

É moi difícil resumir as características comúns a tódalas artes, en 150 anos e nos distintos países. Quedaríame cunha palabra común á Música e a Pintura do Barroco: contraste. Na Música, contraste de timbres, de intensidades, de velocidades...Na Pintura, contraste de luces; xogan con iluminar partes dun cadro, outras máis escuras. 

Para esta introducción ó Barroco unhas arias que son aunténticas xoias : Amarilli de Caccini, Gia sole dal Gange de A. Scarlatti, e Crudele mi fai languir de A. Caldara.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N