Parafernalia barroca



"Que é iso de "parafernalia?", preguntaranse @s pequecoristas. Pois nin máis nin menos que todo un despliegue de recursos, que neste caso, aparece nas artes barrocas. 


Días atrás falábamos do xogo de luces na Pintura agora tócalle á Arquitectura. Cada país terá unhas características propias, mais común a todos é ese mesmo xogo de luces, e o uso de curvas e elipses, combinándose coa pintura e escultura para conseguir espazos que parecesen teatros. Ademáis procúrase causar un gran asombro ante o espectador. Tódalas artes barrocas procuran sobrecoller ó espectador.


En Galicia existen moitos exemplos de arquitectura barroca, sen embargo , na nosa cidade non temos. A cidade barroca por excelencia é Santiago de Compostela. Sen dúbida, a Fachada do Obradoiro da Catedral de Fernando Casas Novoa consegue o efecto desexado. Cando un chega á Praza do Obradoiro, síntese un espectador moi pequeniño nun gran teatro.





Viaxando a Roma na esquina dunha rúa levaremos unha sorpresa: a igrexa de San Carlo das Catro Fontes do arquitecto Borromini en Roma. Un exemplo das curvas e movemento na fachada da que falabamos.



O Barroco está presente nas nosas vidas. Agora, imaxinádevos dentro dun palacio con enormes lámparas, espellos con marcos dourados...e, mentres, escoitades a seguinte aria...Estades no Pazo de Versalles, no Salón dos Espellos do poderosísimo Luis XIV, o rei Sol e canta para vos, nin máis nin menos que o contratenor Philippe Jaroussky Sposa non mi conosci de Giacomelli. 


Pequecoristas, non estades abraiad@s?


É o Barroco.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N