O luxo barroco














Para introducirnos no ambiente da época barroca, hoxe adicarémonos á Música Acuática: unha obra de Haendel (1685-1759) composta en 1717 polo encargo do rei inglés George I para ser interpretada nunha gran barca mentres viaxaban polo río Támesis. Que luxo de viaxe! Unha obra que a día de hoxe escoitamos en salas de concerto foi encargada para acompañar a un rei nun dos seus paseos!. Tamén resultará incrible para vos que Haendel compuxera polo encargo dun rei. Pois así tiveron que facer durante moitos séculos os compositores.

A Música Acuática está composta por tres suites. A suite é un conxunto de danzas. Xa vos imaxinaredes que na barca sobre o Támesis non podían danzar, mais no vídeo seleccionado, poderemos ver como eran as danzas do Barroco. Veredes bailar minuetos, bourrée, hornpipe, rigodón.

Un vídeo no que están coidados tódolos detalles: orquestra barroca (dúas trompas, dous oboes, un fagot, cordas e o clave), as danzas, o vestiario.

Para os máis peques, este vídeo é moi longo, mais intentádeo velo en varios días, porque vos gustará moito escoitar esta obra de Haendel, mentres vedes as combinacións das coreografías das danzas


No Maratón do Barroco poderedes ver danzar ós vosos compañeir@s pianistas. 


E para despedirnos,...unha aria de Haendel: Lascia ch'io pianga (Deixa que chore) da súa ópera Rinaldo interpretada pola mezzosoprano checa Magdalena Kozena e a Orquestra Barroca de Venecia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N