Inquedanza barroca



Na Música e na Escultura barroca podemos atopar características comúns. Ademáis das constantes a tódalas artes (o xogo de luces, o gusto pola ornamentación, e a teatralidade que impresiona ó espectador), entre algúns exemplos de esculturas barrocas e obras musicais podemos a expresión da inquedanza.

A escultura barroca capta un instante, deixando a escea conxelada. E nese intre, as súas figuras inquedas están ocupando un espazo en tódalas súas dimensións ata con diagonais. 


O seguinte vídeo amosa obras dun escultor barroco: Bernini (Nápoles, 1598- Roma, 1680). Esculpe no mármore esceas da mitoloxía da antiga Grecia: O rapto de Proserpina, Apolo e Dafne, David. E consegue xiros dos corpos case imposibles, ata os cabelos dos seus grupos teñen movemento. As caras das súas esculturas son moi expresivas. Reparade nas mans no Rapto de Proserpina...ata o mármore abrándase e semella que as mans se afunden na pel de Proserpina. 




Encántame este vídeo porque ensina detalles das miñas esculturas favoritas, acompañados dunha aria delicadísima, Misero pargoletto interpretado por Cecilia Bartoli .

Ese movemento inquedo da escultura podemos atopalo na música nas pasaxes con grandes axilidades. Na música vocal, as obras de Nicola Porpora, compositor e mestre de canto, (Nápoles,1686- 1768) son un gran exemplo destas axilidades. Neste vídeo,  a mezzosoprano Cecilia Bartoli lévanos por un pazo barroco, ata chegar ó teatro para cantar Come nave in mezzo allonde de Porpora.




De seguro quedades con gañas de escoitar máis música de Porpora, o canto lixeiro do Usignolo sventurato (Reiseñor desafortunado)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento