Fama: comunica a nova xesta d@s pequecoristas








Coma os grandes heroes gregos, fachendosos das súas fazañas, quero invocar á divinidade Fama, filla da mesmísima Xea (A Nai Terra), para que comunique a tódolos cidadáns a nova xesta d@s pequecoristas.


Estes pequen@s e median@s cantores de gran espíritu soportaron coma heroes as dificultades que se presentaban...Así foi o reto das divinidades olímpicas para o concerto deste luns. Preparación antes do concerto ás 19:30, saída escea ás 20:00 cantando como anfitrións dos nosos convidad@s,...Ata que chega unha nova de última hora:  @s compañeir@s chegad@s doutras terras non escoitarán os nosos cantos.

O Destino quere que cambiemos o noso plan. Así, @s pequecoristas acataron a decisión. A súa intervención foi ás 21:15 horas. Unha dificultade grande para @s máis pequen@s: as súas voces estaban esgotándose por un longo día,...agotamento físico e cansancio mental traíanos a falta de concentración. Ata Mnemósine (a deusa grega da Memoria) parecía abandonarnos,... case presentábase Morfeo (o deus grego do Sono).

Fama: quero que difundas coa rapidez que che permiten as túas ás, que as Musas acompañaron ó Peque Coro neste concerto de benvida ós compañeir@s de Comenius. Que por vez primeira en escea, interpretaron obras a dúas voces...On suuri e o Himno á Noite foron cantadas tan ben que xuraría que ademáis das Musas estaba tamén Apolo.

En outras xestas, @s pequecoristas interpretaron obras nas que un fermoso canto adornaba a melodía principal, cun movemento moi distinto e con boca pechada. Esta nova xesta supoñía cantar a dúas voces cun movemento homorrítmico: as dúas voces movíanse ritmicamente igual.  Unha gran fazaña para recordar na historia do Peque Coro.





Querid@s pequecoristas... 

a Fama xa está difundindo a vosa nova xesta polas nosas terras!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro en tempos de confinamento

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor