Recordando a Rosalía





Nun 24 de febreiro nacía en Santiago de Compostela unha nena que se chamaría María Rosalía Rita.

175 anos despois recordamos a esa nena co nome de Rosalía de Castro, unha gran poetisa e escritora na nosa língua. 

Adicamos parte do noso ensaio deste sábado  a un canto recollido no Cancioneiro de Inzenga coa nosa adaptación duns versos de Rosalía dos seus Cantares Gallegos.


Canta paxariño alegre,
canta pra que o millo medre.
Canta pra que a luz te escoite,
canta que fuxeu a noite.

A auroriña o ceo colora
cuns árbores que namora,
cun sembrante de ouro e prata
teñidiño de escarlata.






O curso pasado xa cantáramos a nosa versión deste canto, mais é tan especial que  debe formar parte do noso repertorio habitual. O Día das Letras Galegas, 17 de Maio, (día no que conmemoramos a data da publicación de Cantares Gallegos) @s amig@s, familiares e seguidores dos pequecoristas poderedes disfrutar tanto coma nós da nova versión.


Pequecoristas, hai moita música con letra de Rosalía. Nesta primeira entrada debería estar presente un dos poemas máis célebres musicados por un trobador actual, Amancio Prada: Adiós ríos, adiós fontes...coa Real Filarmonía de Galicia.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N