Tedes unha cita...





Tódolos familiares e amig@s d@s pequecoristas xa sabedes que o luns 30 de Xaneiro podedes disfrutar coa actuación do Peque Coro. E tamén podedes participar con todos nós ó longo desa tarde: Música pola Paz é o concerto que organiza o Equipo de Convivencia, coordinado pola profesora de piano Alma Cendán. 

Colaborade con nós neste concerto a beneficio de Médicos Sin Fronteras: unha organización que asiste a poboacións en situacións precarias, a vítimas de catástrofes e de conflitos armados, sen discriminación por raza, relixión ou ideoloxía política.

Non sexas preguiceir@. Nesta ocasión non queremos escusas. Únete á Música pola Paz: a mellor causa pola que celebrar un concerto. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N