Mañá será a nosa estrea...



Comezou a conta atrás...Mañá é a nosa estrea deste curso. Para moit@s pequecoristas é repetir unha sensanción formidable: a recompensa do esforzo dos ensaios ante o entusiasmado público. Para outr@s  é toda unha novidade. Supoño que para un neno ou unha nena de oito anos ten que ser abraiante saír á escea e atoparse cun auditorio abarrotado. En realiade, a sensación é a mesma para os que xa non somos tan nen@s. 

Mais, queridím@s pequecoristas, tedes que estar moi tranquil@s.  Traballamos moito e ben ó longo destes meses e o resultado é fantástico. Os máis veteran@s están arroupándovos e ademáis contades co gran apoio dos vos@s amig@s e da vosa familia que estarán no público. 

Recordade o ensaio de onte: foi estupendo. Para todos unha delicia a chegada dos dous acordeonistas: Serafín Santamariña (alumno de 3º Grao Profesional) e Suso Iglesias (profesor de acordeón) e das dúas arpistas: Verónica Alexandra Gomollón Guevara (alumna de 3º Grao Profesional) e Mª José Carralero  (profesora de arpa). Dende aquí un enorme agradecemento por estas colaboracións que tanto aportan á nosa versión da Ronda do Soldadiño.

Xa tivéramos a sorte de que Verónica nos acompañara á arpa nos anteriores ensaios. Verónica: grazas polo teu gran interese.

Así que só tedes que durmir ben esta noite para coller enerxía. Recordade o importante que é non forzar a vosa voz; non berredes, sobre todo, non berredes mañá no recreo da vosa escola!.

Que teñades unha noite tranquila e mañá subiremos a escea para compartir con tódolos asistentes as nosas cancións no Día Escolar pola Paz. 

Grazas a Laura Formoso (alumna de clarinete de 3º G.P.) por deixarnos utilizar a súa fotografía "A song for the freedom"...Unha canción para a liberdade

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N