Foi no 2011: aniversario de J.Guridi


O ano que deixamos foi o 125 aniversario do nacemento de Jesús Guridi: un músico vitoriano nacido nunha familia de músicos. 
Os seus avós eran organistas, unha das súas avoas era profesora de piano; o seu pai era violinista e a súa nai tamén era profesora de piano.  


Así que seguiu os pasos dos seus avós sendo organista, e da súa nai e avoa adicándose á ensinanza. Ademáis estudiou composición en Madrid, París e Bélxica. Interesouse especialmente pola música vocal: obras corais, cancións para voz e piano, zarzuelas. Así cantan los chicos e Seis canciones infantiles son obras para voces brancas e piano. 

Os pequecoristas cantaron o curso pasado Cazando pombas. Eiquí ven a sorpresa... Esa canción de Guridi é Cazando mariposas! A letra foi modificada coa fin de cantar esta fermosa obra no Día Escolar pola Paz. Ben merecía a pena.

No seguinte vídeo escoitaredes Cazando mariposas pola Escolanía de El Escorial.




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N