A Ronda do Soldadiño



Este ano 2011 no Peque Coro comezábamos ensaiando cunha canción moi especial: A Ronda do Soldadiño. Este canto contra a guerra ten moita forza expresiva tanto na súa letra coma na melodía. Un canto especialmente emotivo ó ser interpretado por voces brancas. 

Un mestre, chamado César, ensinoume a Ronda do Soldadiño; no seu colexio tódolos nenos e nenas cantábano polo Día da Paz.

Este é o vídeo do seu creador: José Mário Branco.


No próximo Día da Paz o Peque Coro interpretará a súa versión da Ronda do Soldadiño.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Concerto pola Día da Paz

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro no 25N