Publicacións

Concerto pola Paz

Imaxe
Agardámosvos no auditorio José Arriola do noso conservatorio para conmemorar unha data moi especial: o Día Escolar da Paz e a non violencia. Como centro educativo temos que ter moi presentes os valores de respecto a todas as culturas, as crenzas, as ideoloxías...e como non, do cumprimento dos dereitos humanos. Debido a situación en Ucraína, o noso concerto está dedicado a todos os nenos e nenas que sufren a barbarie desa inxustificada guerra.   

Peque Coro no 25N

Imaxe
  Despois de dous cursos de obrigado parón, retomamos a actividade coral que tanto estabamos desexando recuperar...os nenos, nenas, mozos, mozas e por suposto, a pianista e maila directora. Aínda teremos que agardar para poder anunciar un concerto, pero queremos compartir nesta primeira publicación deste curso as nosas fotos para o 25N: O Xan Viaño, espazo libre de violencia machista. Velaí as nosas fotos e tamén o vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Convivencia do Cmus Xan Viaño. No seguinte enlace, podedes visitir a publicación no blogue En todas as claves do Equipo de Dinamización de Convivencia: O Cmus Xan Viaño. Espazo Libre de Violencia Machista.

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Imaxe
Hoxe, no día de Santa Icía, a patrona dos músicos, queremos lembrar a mañá na que nos erguemos e descubrimos ao invasor.  Os mozos e mozas do Peque Coro in crescendo cantaban Bella Ciao, un canto tradicional italiano asociado á resistencia antifascista. Sen pretender banalizar co Bella Ciao , xa que o tema merece sempre un profundo respeto e necesidade de recoñecemento histórico para que non volte a avergoñar a ningunha xeración, quixemos cantalo co dobre sentido que as circunstancias esixían, e desgraciadamente, seguen a esixir. Unha loita contra un inimigo, mais invisible: o COVID.  

Peque Coro en tempos de confinamento

Imaxe
  O Peque Coro quixo adicar a tódolos nenos e nenas unha ola de esperanza na súa loita valente e responsable contra o COVID-19. Seguimos nesa loita...e facendo uso desa responsabilidade, aínda non podemos xuntarnos para desfrutar de facer música todos xuntos. Aínda non podemos desfrutar compartindo ensaios e concertos, mais agardamos con esperanza esa volta. Así cantaban os pequecoristas dende as súas casas 

Peque Coro e o Coro de nenos da Banda Filarmónica de Lugo

Imaxe
Xa podemos anunciar un concerto ao que acudimos con moita ilusión: o concerto co Coro de nenos e nenas da Banda Filarmónica de Lugo.  Non vos perdades a estes dous coros que compartirán unha mañá musical no Círculo das Artes de Lugo o domingo 16 de febreiro. O concerto é ás 12.30. 

O Peque Coro pola Paz

Imaxe
Chegou un dos concertos máis especiais para O Peque Coro: o concerto con motivo do Día Escolar pola Paz. O xoves 30 de Xaneiro ás 20.00 ofreceremos o noso concerto no que a través de distintas obras reflexionaremos sobre o que sigue a acontecer aos nenos e nenas que teñen que emigrar na procura dun mundo que lles ofreza unha oportunidade.  Reflexionando sobre as infancias esquecidas Reflexionando sobre o necesario recoñecemento da igualdade entre nenos e nenas, homes e mulleres Reflexionando sobre o acoso escolar

Concerto de inverno

Imaxe