O Peque Coro no Concerto a favor da Cociña Económica
Despedimos este ano 2013 cos vídeos do noso último concerto deste ano no concerto solidario a favor da Cociña Económica de Ferrol No 2013 conmemorouse o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. O Peque Coro cantou en distintos concertos á nosa poetisa máis internacional: as datas máis especias foron as Letras Galegas ou o concerto en San Domingos de Bonaval xunto a outr@s 400 nen@s. Rosalía escribía en Follas Novas : Polas silveiras errante vexo unha meniña orfa que triste vai marmurando: "Na Virxe, quen rosa fora!" "Por que ques ser rosa, nena?" Eu preguntei cariñosa i ela contesta sorrindo: "porque non ten fame as rosas" Estes versos están presentes en En Cornes do compositor Octavio Vázquez. Duerme negrito é unha obra nova no noso repertorio ... Todo un reto este canto de berce adaptado por David Azurza! Que o 2013 se leva a fame, e tódalas tristuras... ...e o 2014 chegue