O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

sábado, 9 de enero de 2016

Os nosos vídeos do Certame Coral no Teatro Jofre



Velaí van os nosos vídeos do noso primeiro concerto deste curso coma participantes do "Certame Coral da Terciera Idade". Un ano máis, un encontro no que participamos encantados por xuntarnos distintas xeracións: o presente e o futuro da música coral de Ferrolterra. E coma sempre, un público entusiasta que nos da alento coa súa calor.

Case a metade do coro estreábase como pequecorista. E que mellor espazo que este bonito teatro. 

Querid@s pequecoristas parabéns para todos vos: ós máis peques pola vosa concentración e enerxía, que nos deixa momentos lindos e outros simpáticos, ós máis veteranos pola vosa rigurosidade en cada ensaio e concerto, que nos aporta a todos a seguridade e tranquilidade. 

Esto é o comezo, e de seguro, que este curso aínda nos traerá momentos musicais fantásticos. Seguiremos disfrutando, esforzándonos e aprendendo en cada ensaio, en cada concerto e proxecto nos que nos embarcaremos neste curso.

Frío de David Azurza



Mantxakun de David Azurza



Balada do Sino de Jose Afonso



A vida é Bela de Nicola Piovani



Now the sun is shining de Peter Michel


Grazas ó sempre presente Chacho. 
Grazas ós compañeir@s que nos apoian, coidan e miman ós pequecoristas: Sonia, Bego, Marcos e Paco.
Grazas ós voluntarios que nos acompañaron toda a tarde. 
Grazas ó equipo técnico do Jofre que tanto nos axuda para que todo o concerto poida lucir. 
Grazas a Esperanza que coordina con tanta ilusión este certame no que non falta ningún detalle. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario