O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

lunes, 22 de diciembre de 2014

O noso concerto no Auditorio de Ferrol


Velaí o vídeo do nosa participación no Concerto benéfico a favor do Banco de Alimentos Rías Altas. O obxectivo do concerto foi moi satisfactorio: recolléronse tres toneladas para o banco de alimentos. Grazas a todos pola vosa solidariedade.

Para nós, sendo o noso primeiro concerto de este curso, foi un comezo estupendo, verdade?. Disfrutamos moito neste novo esceario, o Auditorio de Ferrol, nun día moi especial no que moitísim@s nov@s pequecoristas se estreaban.


Parabéns, pequecoristas!

Queremos agradecer a colaboración dun trío ó que lle temos moito agarimo: Martín Suárez Álvarez (violín), Marta Formoso Pico (violonchelo) e Elisa Esperante Guimaré (piano). 


Grazas, querido trío!

No hay comentarios:

Publicar un comentario