O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

martes, 16 de diciembre de 2014

Concerto Benéfico no Auditorio de Ferrol


Este xoves 18 de Decembro pisamos un novo esceario: o esceario do Auditorio de Ferrol. E que mellor momento para estrearnos neste novo espazo!: participamos no concerto benéfico a favor do Banco de Alimento Rías Altas para contribuír coa doazón de alimentos.

Ademáis vai a ser unha tarde na que compartimos esceario cos compañeir@s da Orquestra Infantil, da Banda Infantil, da Banda de Profesional...e dos profes!.

O concerto comeza ás 19:00 e @s pequecoristas deberán chegar ás 17:00 para preparar o corpo, a voz...e ata a mente para ofrecer o mellor de nós neste concerto.


Ata xoves!

No hay comentarios:

Publicar un comentario