O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 8 de junio de 2014

O Peque Coro cantando a Curros en Celanova


O venres repetimos a sensación de cantar xunto a outros 400 nenos e nenas de todas partes de Galicia. Neste segunda edición de No bico un cantar adicado a Curros Enríquez, a choiva volveu a aparecer., tal e como fixera o ano pasado en Santiago. Así que non puidemos cantar no claustro do mosteiro de Celanova, ofrecendo o concerto na igrexa.

Sí que ensaiamos alí...aínda que sentados na pedra durante unha mañá fría e chuviosa...foi un ensaio moi duro! Ata semellaba que algunha das obras parecía resistirse. 



Asistimos a un concerto didáctico no que nos explicaron como se toca o órgano. Fascinante! Mágoa que aparecía a fame e o son das nosas tripas.


Despois dun reconfortante xantar (pizza!...que ben merecíamos algo rico e quente neste húmido día), rimos moito cun excelente malabarista. Que boa idea! Así esquecimos a tensión previa a un concerto e botamos unhas boas gargalladas.



E por fin, o concerto. Nós estamos á dereita do director. Xusto detrás dos amigos e amigas do Coro Infantil de Lugo.





A continuación podedes ver o concerto grazas a Chacho Produccións. O noso técnico fixo un vídeo fantástico:






Ata o próximo No bico un cantar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario