O Peque Coro


Este é o blog para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blog: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

domingo, 11 de mayo de 2014

Luns 12: "Tócaa outra vez, Xan"


A segunda edición do concurso Tócaa outra vez, Xan!, organizado pola ANPA do noso conservatorio, celébrase mañá. Ás 17:00 da tarde comezará este concurso adicado á interpretación de bandas sonoras.

O Peque Coro participará cunha adpatación do tema principal da película A Vida é Bela. Recomendo que ninguén se perda este concurso. Ademáis, na nosa versión contamos coa acordeonista Sara Pérez: unha delicia!.

@s pequecoristas están citad@s ás 17:30 na aula de usos múltiples, estimando a nosa participación sobre as 18:00.

Ata mañá, querid@s pequecoristas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario